• Educación Secundaria

O noso Centro Educativo acolle os catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria, todos eles concertados. Tamén oferta os dous cursos de Bacharelato nas modalidades Científico-Técnica e de Ciencias Sociais. Educación Secundaria  Postobligatoria (1º e 2º). Non están concertados

Horario da etapa:

Luns a Venres Mércores
De 8:30 a 14:10 De 8:30 a 14:20 e 15:50 a 17:30

Nosa proposta educativa ten como finalidade:

  • Conseguir que os adolescentes adquiran boas técnicas de estudo, se responsabilicen dos seus actos e decisións, tomen posturas sas ante a vida, usen o seu tempo libre adecuadamente.
  • Utilizar metodoloxías que favorezan aplicar o aprendido, dar resposta a situacións e problemas reais e desenvolver o pensamento estratéxico.
  • Fomentar o espírito crítico e a responsabilidade individual e grupal.
  • Acompañar a cada alumno individualmente no proceso de descubrimento da súa vocación-profesión.
  • Ofrecer unha formación de calidade que lles sirva para poder afrontar con éxito os seus estudos superiores.

Equipo docente:

O equipo docente formado polos titores, profesores e especialistas traballa conxuntamente con xefatura de estudos e departamento de orientación para dar a mellor das respostas ás necesidades que os nosos alumnos necesiten. Desde o equipo docente estamos atentos aos retos, abertos aos cambios, promovemos a innovación e a actualización continua.

Interrelación escola-familia:

Convidamos ás familias a participar, dentro das posibilidades de cada un, na vida ordinaria do centro… tendo en conta o que nos poden ofrecer. Favorecemos canles de comunicación coas familias para facilitar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos.

Organización de espazos e tempos:

As nosas instalacións son, xunto cos recursos humanos, unha das nosas maiores fortalezas para poder ofertar unha educación de calidade. Cada aula está dotada de computador e lousa dixital, conectados á rede, para unha maior inmersión nas Tics . Dispoñemos das seguintes aulas de uso común: audiovisuais, aula de informática, aula de debuxo, aula de música, taller de tecnoloxía, tres laboratorios (física, química e bioloxía), polideportivo, ximnasio, teatro, centro de tempo libre e unha excelente biblioteca.

Novas ESO/Bach

A noite máxica de San Xoán en Salesianos

Máis de 200 persoas participaron na primeira celebración de San Xoán organizada no patio de Salesianos, unha iniciativa que resultou ser un rotundo éxito...

Premio literario, Castelo de Vimianzo e batáns do Mosquetín

Iñaki Echarte, de 3ºESO, gañou un concurso literario convocado pola Deputación da Coruña. Como parte do premio, el e os seus compañeiros foron agasallados...

100% APROBADOS PAU JUNIO 2026

Teatralizando a Historia

  • Oferta Académica

1º ESO
Biología y Geología
Educación Física
Educación Plástica Visual y Audiovisual (en inglés)
Francés
Geografía e Historia
Inglés
Lengua Castellana y Literatura/ Refuerzo de Lengua
Lengua Gallega y Literatura
Matemáticas /Refuerzo de Matemáticas
Religión
Tutoría
2º ESO
Ciencias de la Naturaleza
Ciencias Sociales, Geografía e Historia
Educación Física
Oratoria (en inglés)
Francés
Inglés
Lengua Castellana y Literatura/ Refuerzo de Lengua
Lengua Gallega y Literatura
Matemáticas/ Refuerzo de Matemáticas
Música
Religión
Tecnología
Tutoría
3º ESO
Biología y Geología
Educación Física
Educación Plástica Visual y Audiovisual (en inglés)
Física y Química
Geografía e Historia
Inglés
Lengua Castellana y Literatura
Lengua Gallega y Literatura
Matemáticas
Música
Religión
Tecnologías
Tutoría
OPTATIVAS
Cultura Clásica Francés
4º ESO
Ciencias Sociales
Educación Física
Física y Química
TIC
Inglés
Lengua Castellana y Literatura
Lengua Gallega y Literatura
Matemáticas
Religión
Tutoría
OPTATIVAS ( A escoger una por fila)
Francés Educación Plástica e Visual
Biología y Geología Economía

Más información