• Proceso de Admisión

(Art. 13: Información ao alumnado e ás familias)

1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro en que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Se unha familia presenta unha solicitude de admisión tendo xa rexistrada outra para o mesmo alumno noutro centro, só poderá rexistrar a última sempre que veña acompañada da renuncia expresa por escrito á anterior (dentro do prazo de presentación de solicitudes)

As familias interesadas en solicitar praza en 1ºESO procedentes de centros públicos non poden facer a reserva no centro adscrito. Débese realizar en Salesianos A Coruña no prazo do 1 ao 20 de marzo.

CALENDARIO PROCESO ORDINARIO de ADMISIÓN

  • 01 ao 20 de marzo de 2026: Presentación das solicitudes. Recomendamos presentar a solicitude en man no primeiro centro. Consultas en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
  • 27 de abril de 2026: Publícase listaxe provisional de alumnado admitido e excluído.
  • Reclamacións: no caso de centros privados concertados, presentación de reclamacións ante a dirección do centro (5 días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación).
  • 15 de maio de 2026: publicación das listas definitivas de alumnado admitido e excluído. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación por escrito #ante o Xefe Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (Art. 32 ).
  • 20 ao 30 de xuño de 2026: matriculación para Ed. Infantil e Ed. Primaria.
  • 23 de xuño ao 7 de xullo de 2026: matriculación para ESO e Bacharelato.
  • EN CASO DE EMPATE: (Confer. Orde de 21 outubro 2022) Para resolver o empate na puntuación final no curso 2026/2027, terase en conta o número (0,14), resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100). Este número multiplicarase polo número de solicitudes que resulten empatadas en cada centro e curso, e o resultado da multiplicación redondearase á alza. O número enteiro obtido determinará a solicitude que ocupará o primeiro lugar e, a partir desta, a orde das sucesivas solicitudes empatadas, previamente ordenadas de forma ascendente e correlativa con base no número aleatorio asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación no sistema.

DOCUMENTOS IMPRESCINDIBLES PARA TRAMITAR SOLICITUD

  • Formulario de SOLICITUDE OFICIAL (Anexo II – ED550B e Anexo II bis) cumprimentado e coas firmas de proxenitores/titores. Téñeno nesta ligazón ou no noso colexio.
  • Copia de documento acreditativo de pai/nai/titor e representado (DNI, NIE ou Pasaporte).
  • Copia de libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumnos e os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/o convenio regulador onde conste a custodia do menor (se é o caso).

DOCUMENTOS PARA PUNTUAR EN BAREMACIÓN

  1. Irmáns matriculados no centro (Art. 20) – Acreditar con certificado do centro.
  2. Pai/nai/titor que traballa no centro que solicitan (Art. 21) – Acreditar con certificado do centro
  3. Domicilio familiar na área de influencia do colexio (Art. 22) – Acreditar con certificado actualizado de padrón municipal. Consultar mapa.
  4. Lugar de traballo de pai/nai/titor en área de influencia (Art. 22) – Acreditar con certificado de empresa.
  5. Imposto sobre Renda de Persoas Físicas (Art. 23) – Consentimento para comprobalo.
  6. Familia numerosa (Art. 24) – Acreditar con título por categoría xeral ou especial.
  7. Familia monoparental (Art. 25) – Acreditar con fotocopia de libro de familia.
  8. Condición de Discapacidade (Art. 26) superior a 33% en pai/nai/titor/fillo – Acreditar con Certificado-Ditame.
  9. Condición de Vítima de Violencia de xénero ou de terrorismo (Art. 27) – Acreditar con certificado.
  10. Criterio complementario (Art. 28): fillos de exalumnos ou traslado de alumnos de calquera colexio salesiano ou centro xuvenil – Acreditar mediante certificado do centro.
  • Baremos, Zonas de Influencia, Mapa das rúas

Baremos

Zonas de influencia

Mapa das rúas

  • Postos Vacantes

  • Ligazóns de interés