Programar, planificar, proxectar son tres verbos que apuntan ao futuro, atísbano, trázano. Para educar precísase primeiro sentar e fixar o mapa do que queremos que veña nese futuro que buscamos. E iso tédelo nas vosas mans: un faro, unha guía para axudar a medrar. Programar, planificar e proxectar supón traballo, imaxinación, bos propósitos. Nas vosas mans poñemos parte do froito do noso esforzo por deseñar o presente curso para que, ao final, os sus traballos e os seus días resulten fértiles. E para todo iso queremos contar con vós, contigo.
As Normas de Organización e Funcionamento son un conxunto de normas relativas á organizción e funcionamento do centro e xorden da participación e do consenso de toda a comunidade escolar (alumnado, profesores, personal de administración e servizos e nais e pais do alumnado). As normas de convivencia teñen como obxectivo fundamental desenvolver unhas relacións positivas entre os diferentes membros da comunidade educativa para lograr un clima escolar idóneo que facilite o logro dos obxectivos educativos e o éxito escolar.

Proposta Educativa Salesiana
A proposta educativa salesiana baséase no sistema preventivo de Don Bosco