CPR Salesiano San Xoan Bosco
Salesianos é máis que unha escola, supón unha opción educativo-pastoral integral e a tempo completo, inspirado no estilo educativo humano-cristiá do “Pai e Mestre da Xuventude”, como nomeou San Juan Pablo II a Don Bosco, que pon ó alumno no centro.
- CALIDADE: Temos o selo de calidadesegundo a Norma ISO 9001-2008 que nos compromete en realizar o proceso educativo con rigor.
- EDUCACIÓN EN VALORES: Educamos en valores e apostamos pola calidade educativa nun ambiente no que tratamos que pais e alumnos se sintan como na casa e vexan cumpridas as súas expectativas.
- CENTRO PLURILINGÜE:Como centro plurilingüe introducimos progresivamente materias impartidas en inglés e potenciamos a conversación nesta lingua co auxiliar nativo nas aulas. Desenrolamos o Programa Avanzado de Idiomas Salesiano (PAIS) e somos centro examinador oficial de Cambridge e centro autorizado de Trinity. Realizamos programas de inmersión lingüística en Primaria, ESO e Bacharelato.
Estamos comprometidos coas novas tecnoloxías, presentes en todas e cada unha das nosas aulas. Salesianos é un centro católico de portas abertas a todo o mundo, prestando un servizo social importante e realizando actividades de prevención cos nenos e mozos, pensando tamén en axudar aos pais a compatibilizar a vida familiar e laboral. Traballamos en rede cos outros ambientes e servizos da obra Salesiana na Coruña e da zona.
Educación Infantil
O equipo de profesores de Infantil é pioneiro no traballo por proxectos. O seu estilo de aprendizaxe é constructivista, sen libros de texto, partindo do centro de interese dos nenos para lograr os obxectivos da etapa.
As instalacións de Infantil son modernas, luminosas, adaptadas ás necesidades dos máis pequenos. Contamos con aulas con pizarra dixital, sala de arte, sala de sono, sala de psicomotricidade e un gran patio cuberto con vistas ao mar na que xogar e realizar actividades cos nosos pais e nais nos “recunchos abertos”.
Dende o curso 2014-2015 iniciouse un proxecto de clústers no marco do programa Talento 3.0. Non hai como comezar pronto para ter éxito!
Primaria
Ademais de aprender moito na aula, estudar en Salesianos ofrece a posibilidade de visitar a “Granxa-escola Serantellos” en Cambados, a “Granxa-escola” de Belelle, a “Casa do Queixo” ou o Museo de Belas Artes. Ademais un día imos a piscina, facemos unha excursión á neve e acudimos a obras de teatro en inglés, concertos, talleres,…
ESO e Bacharelato
En Salesianos ofrecémosche unha ampla oferta de modalidades para que estudes o que che gusta. Para nós ti es o máis importante!
En Salesianos ofrecémosche un espazo de formación onde podes encontralo todo:
Aulas, laboratorios e talleres moi completos donde estudar e aprender con comodidade;
Aulas TIC con pizarras dixitais e máis de cen ordenadores; un pavillón deportivo, ximmnasio e patio amplios e modernos onde practicar deporte; una biblioteca de referencia na cidade onde poder estudar e buscar información entre máis de 15.000 exemplares.
Destacar o equipo humano de profesores e personal de administración e servizos que che axudarán a cumplir os teus obxectivos.
Un horario amplo, xa que somos un centro “a tempo pleno” e tratamos de estar dispoñibles cando o precisas.
Atopámonos en A Coruña, na rúa Hospital nº 14:
Noso teléfono é 981 203 550 e o noso fax é 981 220 901.
Se queres tamén podes poñerte en contacto con nos a través desta ligazón