Ambiente Seguro e Canle de Denuncia

 

AMBIENTE SEGURO

A Casa Salesianos San Juan Bosco da Coruña pertence á Inspectoría Salesiana “Santiago o Maior” (www.salesianos.es), da Congregación Salesiana. Forma parte dun conxunto de obras educativas, estendidas polas Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, La Rioja, Navarra, Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha.

A maior parte dos destinatarios das nosas Casas son nenos e nenas e adolescentes, todos eles menores de idade. O sistema salesiano co que os educamos é o denominado Sistema Preventivo de Don Bosco. Este Sistema desenvolvémolo mediante:

  • a presenza de cada educador a cada educando, desde a proximidade, o coñecemento e o respecto;
  • a oferta dun ambiente educativo amplo, rico en propostas, que se configura como un entorno seguro para o menor.

A nosa política é, desde o noso propio carisma educativo, a de protección e coidado dos menores. Todos os educadores, salesianos ou seglares, da nosa Casa están chamados a desenvolver este sistema para a promoción integral dos nenos e mozos que as familias nos confiaran.

Desde este espírito preventivo, ofrecemos o Código de Conduta, como norma reguladora das posibles infraccións á nosa política de protección e de creación de entornos seguros para os menores atendidos na nosa Casa.

O correo da Casa ao que se pode acudir para cuestións referentes a este tema é o de ambienteseguro@salesianoscoruna.es

CANLE DE DENUNCIA

A canle de denuncias ou “sistema interno de información” é un elemento clave para promover unha cultura ética, de transparencia e libre de condutas de corrupción, fraude ou incumprimentos administrativos ou penais, atendendo ao disposto na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, e ao determinado polo art. 31 bis do Código Penal en materia de compliance.

Neste sentido, a Inspectoría Salesiana Santiago El Mayor, entidade titular do Colexio Salesianos A Coruña San Juan Bosco, estableceu o enderezo web https://www.salesianos.es/canaldedenuncias/ para acceder á canle de denuncias e comunicar incidencias e irregularidades en relación co cumprimento normativo, ademais de informar sobre posibles actuacións irregulares ou ilícitas que poidan xerar responsabilidade penal para a Inspectoría ou calquera dos seus ambientes ou ámbitos.

A canle de denuncias proporciona un medio confidencial e seguro para que calquera persoa que se relacione connosco poida denunciar aquelas actividades sospeitosas ou ilegais sen temor a represalias.

Para os efectos que aquí nos interesan, a canle non se poderá utilizar para realizar denuncias coas seguintes características:

  • Denuncias falsas.

  • Denuncias que amosen mala fe de forma manifesta (ex. denuncia presentada varias veces con diferente relato dos feitos).

  • Denuncias non fundamentadas ou sen indicios concretos ou determinados (ex. “Paréceme sospeitosa a actuación de X, faime dubidar da súa actuación conforme á lei”).

  • Denuncias xerais que non inclúan o conxunto de datos mínimos para valorar as denuncias: condutas realizadas, data/s nas que tiveron lugar os feitos e tipoloxía da normativa incumprida (ex. “Un compañeiro leva a cabo malas prácticas de comercialización”).

  • Denuncias sobre feitos non denunciables por non supoñeren ningún ilícito ou incumprimento ético (ex. falta de hixiene dun compañeiro).

  • Denuncias relativas a feitos que se atopen en sede xudicial.

A xestión da canle de denuncias é levada a cabo polo despacho de avogados Fanjul & Tejado xunto co Órgano de Cumprimento Normativo da Inspectoría Salesiana Santiago El Mayor, garantindo en todo momento os requisitos establecidos na Lei 2/2023, do 20 de febreiro.

Adicionalmente, a canle cumpre co RGPD e coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, conservándose os datos persoais durante o prazo estritamente necesario e nunca durante un prazo superior ao legalmente establecido.