
O alumnado desfrutou dunha divertida excursión de fin de curso ao Aquapark Cerceda, onde pasou unha xornada de convivencia para celebrar o final do curso académico.
Os estudantes compartiron actividades, momentos de lecer e moita diversión nas diferentes atraccións do parque acuático. A excursión permitiu reforzar a convivencia entre compañeiros e despedir o curso nun ambiente festivo e cheo de alegría.
Con esta saída, e a poucos días do final de curso escolar xa están case preparados para unhas merecidas vacacións. Só quedan os útlimos días de curso e… Feliz verán para todos!



