Nos meses de xaneiro e febreiro ofrecémosvos a posibilidade de vir coñecernos. Na web dispoñemos de información sobre o proceso de admisión e a oferta do noso centro.
Este ano serán unhas xornadas para coñecer o centro, as nosas instalacións e a nosa forma de traballar, especialmente en educación infantil, pero tamén atendendo a Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Ofrecémosvos dúas posibilidades: asistir ás xornadas de portas abertas ou coñecer o centro en pleno funcionamento a través de visitas en grupos reducidos durante o horario lectivo.
Ás familias que participedes nas xornadas, animámosvos a que veñades cos vosos fillos e fillas.
Para unha boa organización, pedímosvos que vos inscribades na opción elixida
INFANTIL:
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
-
- Martes 27 de xaneiro ás 18:00 horas.
- Sábado 7 de febreiro ás 11:30 horas.
VISITAS EN GRUPOS REDUCIDOS EN HORARIO LECTIVO
-
- Vernes 6 de febreiro
- Vernes 27 de febreiro
EP-ESO-BACH:
-
- Xoves 24 de febreiro ás 18:00 horas.
