As actividades extraescolares son aquelas actividades que se desenvolven fóra da Xornada Escolar e nas que participa o alumnado que o desexa. A nosa intención é que a oferta destas actividades contribúa a facer realidade o obxectivo principal da escola salesiana: a atención e o desenvolvemento de todas as dimensións da persoa, por iso ata pretendemos que sexan actividades integradoras para favorecer o crecemento e a maduración de cada alumno e alumna. Información xeral das actividades extraescolares:
Duración: Comezo: xoves 1 de outubro de 2026. Remate: luns 31 de maio de 2027.
Inscrición: Haberá un único prazo de inscrición no mes de setembro.
Pagos: Efectuaranse a través de cargo bancario mensual dende o inicio da actividade. Realizarase un desconto do 10% (no prezo da/s actividade/s máis económica/s) a partir da terceira actividade na que se inscriba cada alumno.
Altas / Baixas: O derradeiro día para darse de baixa nalgunha actividade é o 25 do mes de alta na actividade. A baixa deberá comunicarse cubrindo o impreso que está en portería e vía correo electrónico á conta de Actividades Extraescolares na plataforma Educamos. Despois desa data non se admiten baixas e seguirase pasando a cota o resto do curso (agás causa médica certificada) acuda o/a neno/a á actividade ou non.
Para poder apuntarse ás actividades extraescolares é imprescindible estar ao día no pago de recibos ao colexio. De non ser así, non se tramitará a inscrición.
