
O xoves 11 celebramos unha nova edición da súa Feira de Proxectos, unha das actividades máis salientables do curso académico e unha iniciativa que volveu abrir as portas do centro a familias, antigos alumnos, futuros estudantes e público xeneral para coñecer de primeira man o traballo desenvolvido polo alumnado ao longo do ano, os “Protagonistas da Historia”, tal e como di o seu lema deste curso.
Tras o éxito de convocatorias anteriores, a feira consolidouse unha vez máis como un gran escaparate educativo no que estudantes de todas as etapas presentaron proxectos vinculados a disciplinas tan diversas como as ciencias, as linguas, a tecnoloxía, a arte, a economía ou as humanidades.
A xornada estivo protagonizada polos propios alumnos, que participaron activamente tanto na organización dos espazos expositivos como na elaboración de materiais divulgativos para presentar as súas propostas. O resultado foi unha feira deseñada e protagonizada polo alumnado, que asumiu o reto de compartir co público as súas investigacións, creacións e aprendizaxes.
O patio do colexio converteuse nun punto de encontro para a comunidade educativa, mentres que as distintas aulas temáticas ofreceron percorridos especializados en diferentes áreas do coñecemento. Cada espazo invitaba a descubrir novos proxectos, experimentar, preguntar e aprender.
Entre as novidades máis salientables desta edición figurou a apertura do teatro do centro, onde se proxectaron curtametraxes en galego e videopoemas realizados polo alumnado. Ademais, varios estudantes demostraron as súas habilidades comunicativas e artísticas mediante a interpretación de monólogos en directo, que arrincaron numerosos sorrisos entre o público.
Pola súa banda, o laboratorio volveu ser un dos lugares máis concorridos da tarde. Alí, os asistentes puideron presenciar experimentos científicos en vivo e comprobar como a observación, a curiosidade e o método científico forman parte da aprendizaxe cotiá dos estudantes.
O patio, o teatro, o laboratorio e as distintas aulas temáticas enchéronse de vida durante unha tarde na que o coñecemento o transmitiron os alumnos de forma próxima, participativa e creativa. Varios dos proxectos expostos foron recoñecidos con premios e mencións en diferentes certames e concursos de ámbito autonómico.
A Feira de Proxectos volveu poñer de manifesto a importancia de crear espazos onde os estudantes poidan compartir con orgullo o resultado do seu esforzo, desenvolver competencias comunicativas e reforzar a súa confianza privado, unha experiencia especialmente enriquecedora que reforza a súa motivación intrínseca e confianza.



