1. Cando podo solicitar praza nun centro educativo?
O prazo de presentación de solicitudes comprende dende o 1 ao 20 de marzo de 2023 (ambos incluídos). Só se entregará unha solicitude por alumno e presentarase no centro solicitado en primeiro lugar.
2. Onde podo obter a solicitude para participar no proceso de admisión?
O modelo de solicitude estará dispoñible tanto nos centros docentes, Direccións Provinciais de Educación e a través do ficheiro de descarga dispoñible no portal de educación da Xunta.
3. Onde se presentan as solicitudes para participar no proceso de reserva de praza e de libre elección de centro?
A solicitude deberá presentarse no centro desexado en primeiro lugar, ou tamén pode formular a solicitude a través da aplicación informática admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ da Xunta.
4. Como podo saber os centros que corresponden ao área de influencia do meu domicilio?
Aprobaranse, polo titular de cada Dirección Provincial de Educación mediante Resolución, as zonas de influencia, zonas limítrofes e as novas adscricións de centros. Esta información estará dispoñible tanto nos taboleiros de anuncios como nas páxinas Web de cada Dirección Provincial de Educación.
5. En cantos centros podo solicitar reserva de praza?
Poderase solicitar praza nun só centro e, na solicitude, indicar outros centros, por orde de preferencia, no caso de que non resulte admitido no que se solicitou praza.
6. Que documentos debo presentar xunto coa solicitude?
No momento de facer a solicitude: Fotocopia do libro de familia ou do DNI, para acreditar a idade; para cursos intermedios, certificado de matriculación; en caso de divorcio, separación ou ter atribuída en exclusividade a patria potestade do alumno, presentar a resolución xudicial correspondente (art. 14, 4). Deberá tamén acreditar documentalmente, a petición do centro ou, no seu caso, da administración da Xunta, todos os datos que desexe que se lle teñan en conta no proceso de baremación para ser admitido no centro solicitado.
7. Como se dirimen os empates? (Confer. Orde do 21 de outubro de 2022)
De manterse o empate, resolverase mediante ou resultado dun sorteo público, na forma que determine a consellería competente en materia de educación.
8. Se pido un centro en 2ª opción e teño máis puntuación que outro solicitante que pediu ese centro en 1º lugar, aínda que este teña menor puntuación, quen ten preferencia?
A adxudicación de prazas vacantes realízase a través dun proceso informático que adxudica as solicitudes segundo a orde pedida, é dicir, adxudica primeiro todas as primeiras opcións de todas as solicitudes participantes no proceso, a continuación adxudícanse todas as segundas opcións de todas as solicitudes participantes no proceso e así sucesivamente ata completar a adxudicación de todas as solicitudes. Iso significa que poida suceder que unha solicitude teña máis puntuación nunha segunda, terceira, cuarta opción e non resulte adxudicada nun centro e si resulte adxudicada outra solicitude con menor puntuación pero que solicitou ese centro en primeira opción.
9. Cales son os criterios complementarios autorizados?
Os criterios complementarios autorizados son distintos para cada centro, son propostos polo órgano competente do centro, baseado en causas obxectivas e xustificadas, e autorizados pola Dirección Provincial de Educación ao comezo do proceso de admisión. Só pode haber un criterio complementario para cada centro.
10. Que debo facer para solicitar un posto escolar unha vez iniciado o curso?
Aqueles alumnos que desexen solicitar un posto escolar unha vez iniciado o novo curso, por traslado de domicilio, deberán dirixirse á Dirección Provincial de Educación da súa provincia. Alí informaráselles sobre as vacantes existentes nos centros do seu interese e sobre o proceso a seguir para a tramitación da súa solicitude.
11. Se solicito praza noutro centro porque quero cambiar e non son admitido, conservo a praza e dereitos do primeiro centro?
Si (art. 5, prf. 2), salvo no caso de pertencer a un centro adscrito, nese caso debe renunciar por escrito á praza que lle corresponde antes do inicio de solicitude de prazas (1 de marzo).
12. Como se poden perder todos os dereitos de prioridade no proceso de admisión?
– Presentando a solicitude fóra de prazo. – Presentando máis dunha solicitude. – Presentando unha solicitude de admisión estando vinculado por reserva noutro centro (é o caso de centros adscritos). – Presentando datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno. – Incluíndo documentación non axustada á realidade.
13.- Quen debe asinar a solicitude?
A solicitude deberá ser firmada polo pai ou a nai, ou representantes legais do alumno. No caso de separación ou divorcio, os dous pais ou titores legais firmarán a solicitude, a non ser que quen presente a solicitud teña atribuída a patria potestade en exclusiva mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude. En caso de violencia de xénero, tampouco é necesaria a firma de ambos.
14.- Unha vez presentada a solicitude nun centro, Podo renunciar a ela para presentala noutro, porque o pensei mellor e quero cambiar?
Sí.
15.- Qué pasará se se produce unha vacante no centro onde o meu fillo ou filla non foi admmitido?
Se se xera unha praza vacante nun centro, a dirección deste porase en contacto co primeiro alumno que quedou excluido da lista definitiva de admitidos e este, aínda que xa esté matriculado noutro centro, poderá facter o cambio de matrícula. Deberá presentarse na Delegación de Educación e solicitar dita praza alegando que foi excluido na lista definitiva. A Delegación decide e, en caso afirmativo, enviará a notificación de matriculación do alumno ao centro escolar. No caso de que o primeiro alumno da lista rexeite a praza e non responda nun prazo de 24h, a dirección do centro debe ofrecer ao segundo e así sucesivamente. Este proceso será posible hata o día 20 de setembro do ano en curso, no caso de proceso de adscripción, e hasta o 15 de outubro, no caso do proceso de admisión.