• Orientación
Departamento de Orientación é a estrutura organizativa responsable de coordinar a orientación persoal, profesional e vocacional dos alumnos, servindo de apoio no seu proceso de ensino e aprendizaxe desde Infantil ata Bacharelato. Entendemos a orientación como un proceso global que integra toda a comunidade educativa. As accións deste departamento recóllense no Plan de Orientación, Plan de Acción titorial e Plan de Atención á Diversidade, en relación cos tres axentes educativos: alumnado, profesorado e familias.

Forman parte do Departamento de Orientación: a especialista de Audición e Linguaxe, a especialista de Pedagoxía Terapéutica, as profesoras e profesores de Reforzo dos distintos cursos, os xefes de estudos e todos os titores e titoras, coordinados pola orientadora.

A orientadora encárgase de apoiar e asesorar nas dificultades de aprendizaxe e problemas persoais dos alumnos. Tamén asesora, proporciona información e orienta sobre os diferentes itinerarios académicos e futuras saídas profesionais. 

Otros servicios