• Comedor

O servizo de comedor escolar préstase especialmente coa finalidade de compatibilizar a vida laboral e familiar. Os alumnos poden facer uso do servizo de comedor cando o precisen:

  • Para todo o curso ou días fixos á semana (deben inscribirse a inicio de curso ou cubrir o impreso de inscrición ao longo do curso na administración do centro).
  • Para días puntuais (deben pedir o ticket correspondente cada día e pagalo en portería, antes das 10:00 h).

Funciona de setembro a xuño, coa nosa cociña propia, onde se prepara a comida. Mensualmente, a empresa ARUME, coa que traballamos, elabora un menú variado, equilibrado e detallado para que os pais e nais estean informados das comidas que se lles dan aos seus fillos. Inclúen suxestións para complementar outras comidas do día realizadas na casa.

Durante o tempo anterior ou posterior ao comedor, os alumnos que non teñan actividades extraescolares estarán atendidos por persoal educativo, ben nas instalacións de Infantil, ben no patio, na sala de xogos ou no lugar que se indique para algunha actividade, no caso de Primaria. Os alumnos de Infantil e Primaria deberán ter no colexio cepillo e pasta de dentes para cepillarse despois de comer. Estes utensilios gardaranse en armarios específicos.

O responsable do comedor para calquera comunicación é o administrador do colexio.

Durante el tiempo anterior o posterior al comedor, los alumnos que no tengan actividades extraescolares, estarán atendidos por personal educativo bien en las instalaciones de infantil, o bien en el patio, sala de Juegos o en el lugar que se indique para alguna actividad, en el caso de primaria. Los alumnos de Infantil y Primaria deberán tener en el colegio cepillo y pasta de dientes, para cepillarse los dientes después de comer. Estos utensilios se guardarán en armarios específicos. El responsable del comedor para cualquier comunicación es el administrador del colegio.

  • Menú

Otros servicios