A Escola Salesiana basea a súa proposta educativa nas seguintes propostas e criterios:
- É unha escola popular, libre e aberta a todas as clases sociais.
- Coloca ao alumno no centro do feito educativo .
- “Educa evanxelizando e evanxeliza educando”.
- Preséntase como familia educadora.
- Pon de relevo a personalización das relacións educativas.
- Quere responder ás necesidades da zona.
- Promove a solidariedade cos necesitados.
- Fai realidade a participación corresponsable.
- Acóllese ao financiamento público para facilitar a gratuidade.
Consideramos a escola como lugar privilexiado para a educación integral da persoa en todas as súas dimensións de acordo cunha visión humana e cristiá da vida. En consecuencia, axudamos ós nosos alumnos e alumnas a:
- Descubrir e potenciar as súas capacidades:
- Físicas (motricidade, habilidades sensoriais, expresión corporal, cultura física e deportiva).
- Afectivas (autoestima, relacións interpersoais, madurez afectiva).
- Intelectuais (memorización, análise, síntese, relación, sensibilidade estética, creatividade, …).
- Desenvolver a súa dimensión socio-política (familia, lectura, e comprensión da realidade social, sociedade intercultural, sensibilidade social, sentido do
traballo, cooperación, traballo, traballo en equipo, solidariedade, actitude de servizo…) - Desenvolver o seu sentido ético e transcendente mediante o cultivo de actitudes, e a adquisición de valores desde o coñecemento e a vivencia da
mensaxe de Xesucristo. - Descubrir o propio proxecto de vida, mediante un ambiente educativo axeitado no que cada alumno e alumna atopen elementos que lles axuden a
definir o seu estado de vida, o traballo ou profesión, a opción sociopolítica e a súa opción relixiosa.
A Escola Salesiana desenvolve a súa labor educativa co espírito e o método de Don Bosco caracterizado por:
- O criterio preventivo.
- O ambiente educativo.
- A relación educativa persoal.
- A “ presenza- asistencia” animadora dos educadores.
- A oferta respectuosa dunha experiencia de fe.
- As propostas de compromiso cristián.
Don Bosco, co seu Sistema Preventivo, realiza unha achega orixinal á acción educativa; “este sistema baséase plenamente na razón, na relixión e no amor”.
- Desde a razón: valoramos a persoa, a vida, as realidades terreais e o esforzo humano desde unha actitude positiva.
- Desde a relixión: actuamos con respecto, favorecemos o encontro con Deus, acollemos o ben e a verdade que latexa en cada un…
- Desde o amor: acollemos incondicionalmente a todos, facemos propostas educativas, traducimos o amor en signos visibles, nun ambiente de ledicia.
Comprometémonos na construción e maduración da Comunidade Educativopastoral:
- Comunidade, porque implica, en clima de familia, ao alumnado, ás familias e aos educadores.
- Educativa, porque axuda a madurar a cada un dos seus membros.
- Pastoral, porque acompaña cara o encontro con Cristo.
O traballo dos profesores e profesoras desenvólvese na Comunidade Educativo-Pastoral. A súa palabra, testemuño, alento, axuda, consello, corrección amigable e experiencia son claves no desenvolvemento do proceso educativo. Entre os trazos máis significativos do profesorado da nosa escola destacamos:
- A profesionalidade.
- A coherencia persoal.
- A actitude educativa e a sensibilidade pola condición xuvenil.
- Unha forte simpatía cara a San Xoán Bosco.
- A capacidade de educar desde o positivo.
- A apertura á transcendencia.
Os profesores e profesoras da nosa escola:
- Son ante todo educadores.
- Establecen unha relación franca e de colaboración cos compañeiros e compañeiras.
- Están no medio dos mozos cunha presenza activa e amigable.
- Desempeñan un papel decisivo na aplicación e avaliación do proxecto educativo.
- Corresponsabilízanse activamente na xestión do centro.