
A semana pasada os nosos alumnos de tres e catro anos participaron nun obradoiro de Educación para o Consumo centrado na importancia de manter unha alimentación saudable e equilibrada. A través de vídeos, diferentes xogos e actividades participativas, os nenos e nenas descubriron os beneficios de consumir comida variada, froitas e verduras, ademais de poñer a proba os seus coñecementos sobre os hábitos saudables. Foi unha experiencia educativa, dinámica e divertida que nos permitiu reforzar a importancia de adquirir bos hábitos alimentarios desde idades temperás.
E o luns tamén tiveron a oportunidade de aprender sobre a importancia coidar do medio ambiente e sobre a reciclaxe os alumnos de 1ºEP, a través da actividade Don R que R. Mediante un xogo en equipo resultou moi fácil aprender en que colector se bota cada residuo, seguro que na casa xa están poñendo en práctica todo o aprendido!


