Celebrando o Samaín

118

Este mércores día 29 compartimos a celebración do Samaín. Todos os ciclos educativos tivemos unha tarde de convivencia entre etapas, facendo obradoiros no edificio de Infantil.

Dende Bacharelato ata os máis pequenos do cole compartimos espazo, creatividade e logo…castañas.

Como é tradición a castañeira Puri e o castañeiro Gonzalo, antigo alumno do cole, deleitáronnos con este manxar propio desta época do ano.

Compaxinamos esta festa coa campaña do Domund, onde as famlias puideron aportar tanto no sobre que se deu ao alumnado como cun euro de castañas no Magosto Solidario.

Unha tarde divertida e significativa tanto para a nosa cultura como para a nosa solidariedade.

Previous articleConvivencias 6º EP
Next articleXornada de convivencias 2º ESO