O venres 28 de xaneiro, celebramos no cole o día escolar da paz e a non violencia.
En primaria, traballámolo por medio dunha titoría na que reflexionamos e traballamos sobre o poder das palabras. Con elas, podemos poñer etiquetas ou podemos darlle a volta e axudar a que todos e todas nos sintamos mellor.
Así mesmo, quixemos deixar unha mensaxe moi clara “Os nenos/as de primaria queremos a paz no mundo”. E esforzarémonos porque no noso cole, todos sexamos nenos e nenas felices.
Desexamos que a mensaxe chegue moi lonxe e así comecemos a construír un mundo mellor.
Aquí podedes ver algunhas imaxes.