Encontro coa escritora Beatriz Maceda

107

Co gallo da semana do libro, tivemos a sorte de recibir no noso centro a Beatriz Maceda, que nos veu presentar o seu libro Teranga.
Esta é unha palabra en wolof que significa hospitalidade, e deunos pé a unha conversa sobre a diversidade, as dificultades que atravesan as persoas migrantes e a importancia de ofrecerlles acollida, respecto e oportunidades.
Un encontro para escoitar, pensar e medrar como colexio e comunidade.
Grazas, Beatriz, por compartir con nós unha mensaxe tan necesaria.

Previous articlePremio ao proxecto máis innovador. Concurso “Imaxina Coruña”
Next articleConferencia sobre intelixencia artificial no ciclo Educación S. XXI