Premio ao proxecto máis innovador. Concurso “Imaxina Coruña”

124

Este sábado, na Domus, un grupo de alumnas de 4°ESO participaron no concurso “Imaxina Coruña” presentando o proxecto “Deseño dun bioplástico con base en algas e estudo das súas propiedades”.

Alén de desfrutar presentando as súas conclusións ao público asistente á Domus, tamén se viron recompensadas co premio ao proxecto máis innovador.

O premio consiste nun cheque de 500€ para gastar en material educativo e unha viaxe para todo o equipo a Bilbao co obxectivo de competir co seu proxecto, a nivel nacional, na Feira de Ciencias de Bilbao (Zientzia Azoka) o 7, 8 e 9 de Mayo.

Parabéns ás mozas polo seu traballo!!!

Previous articleFeira académico-profesional para orientar o futuro do alumnado
Next articleEncontro coa escritora Beatriz Maceda