
Chegou o día 31 de xaneiro, día de Don Bosco, un gran día de festa no noso centro,
pero coma este ano cae en sábado, foi o venres cando o celebramos.
Iniciamos a xornada de festa coa celebración na igrexa, á que seguíu a degustación da
tradicional merenda especial deste día, chocolate quentiño cun pastel, servido pola
ANPA.
Despois da degustación, os nenos e nenas de EP tiveron as finais dos BoscoTorneos de
nos que participaron nos recreos das últimas semanas.
Unha vez coñecidos os gañadores, en EP disfrutamos o resto da mañá dos
xogos que os propios nenos prepararon en Ed. física no primeiro trimestre en na etapa de EI organizouse un contacontos.
Na ESO e bacharelato, desfrutamos dunha gran velada no noso teatro, Boscovisión.
Cada clase, representando a un país, pasou polo escenario para deleitar ao público con
actuacións instrumentais, fragmentos de clásicos musicais, pero tamén de musicais con
guións creados polo alumnado, bailes, obras de teatro… A gran variedade e a calidade
das actuacións foi a clave para que todos estivésemos expectantes durante toda a gala.
Acto seguido, a animación pasou ás gradas do pabillón, xa que na pista dábase cita a
final de Interclases, un torneo de fútbol no que todas as clases de ESO e bacharelato
estiveron participando ao longo das últimas semanas.
No caso dos máis pequenos, a velada artístico-musical foi a gran posta en escena das
actuacións por cursos que estiveron semanas ensaiando.
Grazas a moitos antigos alumnos e alumnas por vir á que foi e será sempre a vosa
festa, vese que é dos momentos que quedan gravados nos corazóns.
Podemos dicir que foi un día cheo de xogos, festa e ledicia ao estilo de Don Bosco, o
fundador das Casas Salesianas.



