Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia

227

Con moita ilusión, no noso centro educativo celebramos o Día Escolar da Paz
e a Non Violencia, unha xornada moi especial adicada a fomentar valores como o respecto,
a empatía, a solidariedade e a convivencia.
Ao longo da semana, o alumnado fixo gala do lema deste curso académico e, como protagonistas da historia, participou en diversas actividades adaptadas a cada etapa educativa: análise de frases célebres, murais colaborativos nos que cada clase é
protagonista da súa historia, cancións, dinámicas na aula e pequenos xestos simbólicos
que invitaron a reflexionar sobre a importancia de construir un mundo máis xusto e pacífico
dende o noso día a día.
Foi emocionante ver cómo os nosos alumnos e alumnas implicáronse activamente,
compartindo mensaxes positivas e demostrando que a paz comeza con accións
sinxelas: escoitar, axudar e tratar aos demáis con agarimo e respecto.
Dende o centro queremos agradecer ás familias o seu apoio e colaboración na
educación en valores, tan importante como a aprendizaxe académica. Xuntos seguimos
plantando sementes de paz que, sen dúbida, darán grandes froitos no futuro dos nosos
PROTAGONISTAS DA HISTORIA!
Aquí tedes o enlace para disfrutar do vídeo dalgunhas das actividades preparadas por el Equipo de Convivencia e do acto colexial que tivo lugar no pavillón do centro.

Previous articleBacharelato Dual Americano
Next articleFesta de Don Bosco