Viaxe á neve 2º ESO

166

Un ano máis, a excursión á neve con 2º ESO foi todo un éxito. Do 2 ao 6 de febreiro, aloxámonos en Canfranc vila, un lugar precioso rodeado de montañas e co río acompañándonos en todo momento.

Durante a semana esquiamos todos os días. Aínda que o tempo non sempre estivo do noso lado, iso non nos impediu aproveitar ao máximo cada xornada na neve. Ademais, tivemos a oportunidade de visitar a famosa estación de Canfranc.

O xoves pola noite celebramos unha discoteca para despedirnos por todo o alto.

Sen dúbida, unha viaxe chea de experiencias inesquecibles, aprendizaxes e momentos compartidos. Foi unha viaxe marcada polo compañeirismo, a convivencia e o gozo de estar xuntos!

Previous articleFesta de Don Bosco
Next articleTeatro en inglés en EI e EP