Grazas familias por participar nas actividades de Educación Física!

113

Nestas últimas semanas, as familias de primaria tiveron a oportunidade de participar nalgunhas sesións de educación física.

En 1º EP fixeron o proxecto “Eu ensínoche a xogor ao Kinball”.

De 2º a 6º EP, a actividade de Educación Fisica en familia foi “Eu ensínoche primeiros auxilios”. Puideron practicar cos nosos maniquís e os pequenos explicáronlles ás familias como actuar en caso de emerxencia.

Moitas grazas a todas as familias, pais, nais, avós, avoas e irmáns pola vosa participación e implicación nestes actividades. En total, máis de 200 persoas nos acompañastes nestes días xunto aos vosos peques.

Xa estamos desexando que chegue o vindeiro curso para seguir aprendendo e poder ensinarvos máis xogos, actividades e deportes que facemos.

Previous articleDe 1º a 5º de EP convivindo en Compostela!
Next articleViaxe a Madrid de 4º ESO