
A semana pasada puxemos rumbo a Madrid, cargados de ilusión e ganas de compartir esta experiencia xuntos.
Descubrimos o corazón da capital paseando pola Praza Maior, o Palacio Real, a Porta do Sol, o barrio das letras… Tamén nos deixamos marabillar polas obras mestras do Museo do Prado.
Gozamos tamén dun día de adrenalina e risas no Parque Warner, regresando a casa coa mochila chea de recordos, anécdotas e momentos que non esqueceremos.



