De 1º a 5º de EP convivindo en Compostela!

91

Como cada ano, os nenos e nenas de 1º a 5º de primaria desfrutamos dunha xornada de convivencia en Compostela a pasada semana.
Os máis peques, de 1º e 2º, a partir dun conto dos Bolechas, trataron de buscar ao gato Félix polas rúas da cidade vella.
Os de 3º e 4º, xunto a Melampo, coñeceron as antigas portas da cidade.
Os maiores de 5º, fixeron a parte final do camiño de Santiago, tendo tempo para pararse a pensar e conversar cos demais.
Cada grupo rematou a xornada cun momento de reflexión e dar grazas polo que temos e os experiencias vividas xuntos.
Foi un estupendo día para xogar na natureza do pazo, coñecer un pouco máis santiago, pero por riba de todo, foi un tempo para compartir e medrar ao carón dos nosos compis e profes.
Volvemos coas pilas cargadas para desfrutar a tope do mes de curso que nos queda.

Previous articleMaría Auxiliadora celébrase ao grande
Next articleGrazas familias por participar nas actividades de Educación Física!