1° e 2°EP visitamos a Casa do Queixo

107

Para finalizar a curta semana tras o entroido, os nenos e nenas de 1° e 2° EP visitamos a Casa do Queixo en Grixalba, Sobrado dos Monxes. Ao chegar, puidemos recargar as pilas coa merenda e facer os grupos para comezar os talleres. Despois da merenda, coñecemos os distintos animais que alí tiñan (patos, ovellas, porcos, vacas, cabalos, coellos, cans, galiñas…), aprendemos cousas sobre obxectos relacionados co traballo no campo, aprendemos a facer queixo e o proceso para obter e traballar a la. E por suposto, comemos xuntos e finalizamos os talleres que nos quedaban. Descubrimos unha chea de cousas novas e encantounos poder pasar un día na natureza cos compañeiros e compañeiras.

Previous articleVisita granxa escola Castrelo- Cambados
Next articleO noso alumnado certifica a súa Competencia Dixital