Convivencias 6º EP

118

Os pasados 26 e 27 de outubro os nenos e nenas de 6º EP tivemos a oportunidade de pasar dous días convivencias na casa Salesiana de Castrelo, en Cambados.

O xoves despois duns bos días diferentes no colexio, saímos no bus cara Cambados. Despois dun camiño con bastante choiva chegamos ao colexio, e puidemos coñecer os espazos e instalarnos. A continuación, puidemos desfrutar xuntos da comida polos soportais do colexio. 

Tras repoñer forzas e aproveitando a tregua que nos daba a choiva puidemos saír e facer unha ruta dende o colexio e un tramo da ruta da Pedra e da Auga. Non puidemos facer todo o tramo previsto xa que o elevado caudal do río nolo impediu. Aínda que foi unha camiñata longa, encantounos! 

Regresamos ao colexio e despois dun descanso e a merenda para repoñer forzas, realizamos unhas dinámicas nas que analizamos como foi a ruta que fixemos e como foi o noso camiño pola etapa de primaria, cos seus aspectos positivos e negativos.

Pola noite, trala cea, desfrutamos xuntos de varias actividades musicais.

O venres puidemos seguir afondando na nosa relación cos demais, analizando que características consideramos que debe ter un bo amigo e cales cumprimos cada un e cada unha de nós.

Ademais, durante o descanso, tivemos a oportunidade de que nos fixesen unha visita pola granxa escola e coñecer as distintas especies de animais que teñen.

Rematamos as convivencias cunha pequena celebración da palabra na capela, na que puidemos dar grazas por estes dous días de convivencia que seguro que nos axudan a seguir medrando, camiñando e soñando xuntos. 

Deixámosvos algunhas fotos destes dous días.

 

Álbum de fotos

Previous articleVisita extraordinaria Don Fabio Attard
Next article20N en Educación Infantil