Benvida aos nenos e nenas de 4º de Infantil

90

Os peques de 3 anos xa remataron o periodo de adaptación… Noraboa peques!

Uns entraron moi ledos, outros fixéronno amodiño, algúns sen mirar atrás e tamén houbo algún que outro choro. Pero transcurridos uns días estaban todos moi tranquilos e adaptados á nova situación. Foi un periodo moi curtiño de tempo pero suficiente para entender que xa eran nenos/as dun cole de maiores. Foi un placer acompañalos estos primeiros días.

Peques, isto non fixo máis que comezar. Espéravos un curso cheo de moitas risas, xogos compartidos e un montón de aprendizaxes.

Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que ben o pasaron ao longo desde primeiro mes.

Álbum de fotos

#unsoñoparati

Previous articleReunións de inicio de curso
Next articleVisita extraordinaria Don Fabio Attard