Reunións de inicio de curso

92

O pasado 11 de setembro daba o comezo un novo curso escolar. O noso patio, corredores e aulas, enchíanse de novo co balbordo dos nenos, nenas, mozas e mozos.

Ao longo destas dúas primeiras semanas de curso, tivemos a oportunidade de ter as reunións con tódalas familias do colexio, dende os máis pequenos de 4º de infantil que se estreaban no centro, ata os máis veteranos de 2º de bacharelato.

Nestas reunións, tivemos unha primeira parte conxunta de cada etapa no teatro, onde o director da casa, a directora do colexio e os xefes de estudos nos deron a benvida e un saúdo inicial do novo curso 23-24. O coordinador xeral de Pastoral, presentounos a campaña que como cada ano orienta a nosa actividade pastoral; o lema deste curso para todo a España Salesiana é “UN SOÑO PARA TI”, que fai referencia ao soño dos 9 anos de Xoán Bosco.

Posteriormente nas aulas, os titores e titoras explicaron con máis detalle cal ía ser a organización e funcionamento de cada curso.

Agardamos que sexa un curso 23-24 cheo de aprendizaxes e momentos compartidos, no que pequenos e maiores poidamos cumprir os nosos soños.

Feliz curso 23-24!

Previous articleAndrea Maceiras ven presentarnos “Que me pare o corazón se te esquezo”
Next articleBenvida aos nenos e nenas de 4º de Infantil