O día 22 de maio, os estudantes de 3º e 4º grao de Salesianos tiveron o privilexio de recibir a visita da recoñecida autora Andrea Maceiras, quen atrapou na súa charla os mozos asistentes coa presentación do seu libro “Que me pare o corazón se te esquezo”.
Durante o encontro, Andrea Maceiras compartiu cos alumnos o seu proceso creativo, así como as motivacións e experiencias que a levaron a escribir este libro.Nesta obra, están presentes as luces e as sombras das redes sociales, as stories, os vídeos e as fotografías destinadas a lograr una perfección imposible, conectando estes elementos cun tema tan actual como a saúde mental.
Os alumnos tiveron a oportunidade de facer preguntas á autora, quen aproveitou este momento para explicar polo miúdo o proceso de creación da obra e as inspiracións que a guiaron na súa escritura. Os estudantes tamén expresaron a súa admiración pola capacidade da autora para transmitir emocións a través das palabras e a forma en que as súas historias lograron capturar a súa imaxinación.
A comunidade educativa agradece á autora a súa visita e espera poder recibir a máis convidados especiais no futuro para continuar fomentando a paixón pola lectura e a aprendizaxe nos seus alumnos.