Nunha xornada chea de animación e cultura, cando se cumprían 160 anos da publicación de Cantares Gallegos que inspirou a primeira celebración do Día das Letras Galegas, o noso colexio conmemorou esta festa rendendo unha merecida homenaxe ao autor Francisco Fernández del Riego.
Os actos comezaron nas etapas de Infantil e Primaria, onde en primeiro lugar se destacaron os logros e a importancia do autor de Lourenzá na literatura, seguido de xogos e actividades entorno á súa figura. Como colofón, elaborouse entre todas as clases desas etapas un póster colaborativo xigante, que decorara previamente o alumnado.
No que se refire a secundaria e bacharelato, celebrouse un acto solemne no que se deu a coñecer a relevancia do autor homenaxeado, ao tempo que o seu estudantado ofrecía actuacións musicais en directo e un monólogo que cautivaron o público presente. Alén disto, como parte das festividades en torno á lingua, levouse a cabo a entrega de premios do certame literario organizado polo colexio, no que tiveran a oportunidade de demostrar a súa creatividade e talento escribindo relatos ou poesías en lingua galega.
Con esta celebración o colexio deu un paso máis ao tentar promover o aprezo pola lingua e a literatura galegas, facendo que esta dure “mil primaveras máis”