O pasado venres, viaxamos a Santiago de Compostela para acudir á entrega de premios do concurso Re-Curta 2023. Pola nosa parte, levamos dúas curtas ao concurso.
Por unha parte, “Aparencias”, que conta a historia de catro rapaces que foron de vacacións a unha casa de turismo rural, véndose sorprendidos por unha serie de desaparicións. Pódese ver en YouTube: https://youtu.be/DsLddXIok1o
Por outra parte, “Narcisos”, unha curta de animación que, a través de Pedro e os seus amigos, reflexiona sobre como afronta a xuventude os problemas de saúde mental. Pódese ver en: https://youtu.be/fyOMCiPAves
Pódese ver un vídeo da experiencia en: https://youtu.be/xBtmq8g58sI
Estamos moi orgullosos do noso traballo, pese a non conseguir todos os obxectivos que nos propuxéramos e xa están en marcha novos proxectos.
RufitosTV