O claustro participa na elaboración do PEPS

30
O pasado mércores 10 de maio, os mestres/as e profesores/as do noso cole adicamos o claustro a preparar algo moi importante para nós: o PEPS.
O PEPS é o Proxecto Educativo Pastoral Salesiano, e guiará a programación de toda a nosa obra ata o curso 2027-2028. Para iso presentáronnos o traballo do Equipo de Pastoral Local e do Consello da Comunidade Educativo Pastoral, que estiveron vendo os obxectivos xerais de toda a casa de Salesianos Coruña.
Entre estes obxectivos xerais, os que propón a Inspectoría para o ambiente Escola e a análise da realidade que fixemos, aportamos ideas de posibles obxectivos, procesos e intervencións a realizar no noso colexio durante estes seis cursos para ser un centro cada vez mellor e cada vez máis como Don Bosco o soñou.
Previous articleProxecto de Patio a Patio – Irmandade co Lixeira
Next articleParticipamos nos Premios REC.curta de Escolas Católicas