
Este curso desde el área Educación Física preténdese dar a coñecer a nosa irmandade co Colexio Dom Bosco School do barrio de Lixeira en Luanda e de paso fomentar a actividade física entre os membros da nosa comunidade educativa.
Propoñemos cubrir de forma simbólica a distancia que nos separa do noso colexio irmán: 8.162 kms e 13.603.360 pasos.
Contribuíron a elaborar o soporte informático desta actividade os alumnos de 1º de BTO na materia de TIC.
Para realizar a actividade só necesitas unha pulseira de actividade/reloxo intelixente, un podómetro ou simplemente un teléfono móvil e unha app que conte os pasos ou km percorridos.
O formulario que debes completar cada día que queras aportar os teus pasos ou km podes atopalo na seguinte ligazón
https://proyectodepatioapatio.blogspot.com/2022/12/pasos.html
Por suposto, está actividade e unha actividade que trata de implicar a TODA a nosa obra Salesiana: Profes, Salesianos, P.A.S., pais, nais, avós,… Fundación Juan Soñador, Antigos Alumnos, Librería, CX Abeiro,…
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN