Convivencias 6°EP

15

O xoves 13 e o venres 14 tivemos as nosas convivencias no colexio salesiano de Castrelo – Cambados.

Comezamos a mañá lembrando a parábola do Bo Samaritano e ao chegar, realizamos a Ruta da Pedra e da Auga. Durante o camiño, fixemos algunha parada para reflexionar sobre os aspectos positivos e negativos da camiñata e ao mediodía chegamos ao Mosteiro de Armenteira, destino final da ruta.

Despois de repoñer forzas co xantar e xa nos xardíns e patio do Pazo e o Colexio, realizamos varias dinámicas nas que analizamos o noso camiño a Armenteira e noso camiño pola etapa de primaria, parándonos a pensar e reflexionar sobre o noso camiño nesta etapa.

Para pechar o día houbo tempo para xogos e música, antes das boas noites e o descanso.

O venres, despois de recoller as habitacións e almorzar, tocou por grupos, aprender a poñerse no lugar do outro/a con varias dinámicas.

No descanso, tivemos a oportunidade de visitar a granxa escola e desfrutar cos seus animais e os seus hortos.

Na última parte da mañá foi momento de analizar as nosas relacións cos demais, vendo que características e cualidades temos e debemos ter para ser bos compañeiros e amigos.

Rematamos as convivencias na capela do pazo cunha pequena celebración que daba por concluídos estes dous días.

Foron dous días de moita convivencia, xogos, natureza e reflexión, na que tivemos a oportunidade de coñecernos un pouco máis nun entorno privilexiado.

Agardamos ser capaces de trasladar o vivido e aprendido nestes días ao resto do curso.

P.D. Deixamos unha morea de imaxes na album de fotos da web.

Previous articleVisita a Corax Fauna
Next articleConvivencias 1º e 2º ESO