
Os pasados 10 e 11 de novembro, os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º da ESO tivemos a oportunidade de parármonos a ver como estamos empezando o curso e a mirar un pouco dentro de nós.
Tras os Bos Días saímos cara a casa que teñen as Fillas da Natividade de María en Iñás, onde fomos moi ben recibidos polas irmás nunha finca con moito sitio para xogar e pasar o día.
Acompañáronnos as nosas titoras, o coordinador de pastoral e Xabi e Rubén, que coordinaron, respectivamente, as convivencias de primeiro (o xoves) e as de segundo (o venres).
Alí fixemos distintas dinámicas, xogos, bailes… que nos axudaron a coñecernos e a abrir camiños cara adentro, cara aos demais e cara a Deus, como indica a nosa campaña pastoral, tendo como motivación “O rei León” os de primeiro e “O circo da Mariposa” os de segundo.
Foron unhas convivencias estupendas, que nos axudaron a fortalecer lazos entre nós e a cargar as pilas para o final da avaliación, que se vai achegando.