O pasado luns 31 de xaneiro celebramos a festa de Don Bosco. Un día cheo de emocións e sorpresas. Empezamos cuns Bos días especiais, que polas circunstancias tivemos que facer cada un na súa clase. Un rato de xogo no patio e a primeira sorpresa do día, Severino, o noso mago fixo uns trucos moi divertidos. Rematamos a mañá cunha celebración, na que compartimos uns carteis que fixeramos nas aulas traballando sobre outro colexio salesiano, que está en Lixeira – Angola-. Finalizamos o día cun obradoiro no que fixemos un recordo deste día de festa.