Gracias familias, pola solidariedade no Bocata Solidario, Biscoito Solidario e Tendiña Solidaria!

93
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que colaboraron no Bocata SolidarioBiscoito Solidario e Tendiña Solidaria. Grazas á vosa xenerosidade, conseguimos recadar un total de 2849,60€, unha cifra que fará unha gran diferenza no proxecto de fortalecemento socioeconómico das mulleres en 15 aldeas próximas a Nagpur, na rexión de Maharashtra, ao oeste de India.
Este proxecto ten como obxectivo mellorar as condicións de vida das mulleres, brindándolles novas oportunidades para o seu dese
nvolvemento económico e persoal. A solidariedade demostrada neste evento contribuirá a que moitas mulleres poidan acceder a formación, recursos e apoio para mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.
Un agradecemento especial tamén ás empresas Hijos de Rivera e Ipasa, cuxo apoio e colaboración foron fundamentais para que este proxecto se fixera realidade.
Xuntos, estamos a facer un mundo mellor.
Moitas grazas a todos e todas!
Previous articleGracias ao AMPA pola visita ao Centro Oceanográfico
Next articleTutoría ADAFAD 3º ESO, prevención contra as drogas.