Un encontro para compartir, planificar e reforzar o espírito de familia salesiana

9
Representantes de toda a casa salesiana de A Coruña participaron este sábado na presentación da Programación Anual Inspectorial (PAI), unha cita clave que marca o inicio do novo curso e define as liñas de traballo das obras salesianas para os próximos meses.
O encontro desenvolveuse nun ambiente de convivencia e espírito de familia, no que os participantes puideron compartir ideas, recargar enerxías e preparar os proxectos que se poñerán en marcha ao longo do curso, sempre seguindo o estilo educativo de Don Bosco.
A xornada contou coa acollida da comunidade de Salesianos Ourense que exerceu de anfitriona. Grazas pola acollida!
Previous articleRecoñecemento ao noso antigo alumno polo seu logro matemático