Gracias ao AMPA pola visita ao Centro Oceanográfico

131
O pasado martes 25 de febreiro, un grupo de alumnos de secundaria e bacharelato tivo a oportunidade de realizar unha visita educativa ao Centro Oceanográfico da Coruña, un dos nove Centros Oceanográficos que forman parte do Instituto Español de Oceanografía (IEO).
Esta actividade foi organizada polo AMPA do centro, co obxectivo de ofrecer aos estudantes unha experiencia enriquecedora no campo da ciencia mariña. Durante a visita, os alumnos puideron coñecer de preto as instalacións do centro, onde se realizan investigacións científicas de gran relevancia sobre o océano e os seus ecosistemas. Os estudantes foron guiados por expertos na materia, quen lles explicou os diferentes proxectos de investigación que levan a cabo, así como a importancia do traballo na conservación dos océanos e a biodiversidade mariña. Grazas á colaboración do AMPA, organizadora desta actividade, os estudantes puideron gozar dunha visita gratuíta a este importante centro de investigación. Sen dúbida, esta experiencia foi un gran estímulo para aqueles interesados nas ciencias naturais e o estudo do medio ambiente.
Seguiremos promovendo este tipo de actividades que fomentan a aprendizaxe práctica e o desenvolvemento de intereses científicos entre os nosos estudantes.
Previous articleAula Maker: o corazón do proxecto Polos Creativos
Next articleGracias familias, pola solidariedade no Bocata Solidario, Biscoito Solidario e Tendiña Solidaria!