
Este ano os máis madrugadores do cole foron os rapaces de 1º e 2º de ESO que viaxaron a Reino Unido do 27 de agosto ao 3 de setembro. O seu destino: Broadstairs, pequena localidade na coste leste do país. Dende alí puideron desplazarse a Londres, Canterbury, e por suposto visitar a costa onde xa comezan os impresionantes acantilados brancos de Dover. Clases pola mañá e actividades dinámicas pola tarde, ¡todo en inglés! Momentos de convivencia e diversión que serviron como aperitivo dun curso que xa imos comezar.



