Convivencia de 2º ESO en Gandarío

154

O mércores 23 de outubro, os alumnos de 2º ESO realizaron unha saída a Gandarío como parte do plan de acción titorial e do plan de pastoral, as tradicionais convivencias.

Nesta ocasión, estiveron centradas en favorecer a unión do grupo, ser conscientes das emocións que xorden nas actividades do día a día, cos amigos, etc.

Comezamos a xornada recibindo aos compañeiros de Infantil e Primaria na porta do patio. Tras a viaxe en autobús e a chegada a Gandarío, os alumnos participaron en diversas actividades, dende a reflexión sobre as súas emocións mediante fotografías, ata exercicios en grupo grande.

Emociones de los alumnos expresadas con emoticonos

n dos momentos máis destacados foi a visualización da curta “O Circo das Bolboretas”, que trata sobre a superación persoal e a importancia das relacións humanas.

Tamén ocupou un lugar moi importante o tempo libre e compartido, un punto esencial na convivencia e no estilo salesiano que nos caracteriza.

A xornada concluíu cunha dinámica de relaxación e interioridade a modo de agradecemento pola xornada que compartimos. Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora que permitiu aos alumnos coñecerse mellor a si mesmos e reforzar os lazos cos seus compañeiros.

“Canto maior é a loita, máis glorioso é o triunfo”

(O Circo das Bolboretas)

 

 

 
 

Previous articleConvivencias 2º Bto.
Next articleConvivencia de 6º EP en Cambados