Convivencias 2º Bto.

103
O pasado mércores, tras finalizar a xornada escolar, o alumnado de 2º de bacharelato puxo rumbo ao Monasterio de San Salvador de Bergondo, onde desfrutarían das súas convivencias. Tras coñecer e organizar o lugar, chegaba a hora de facer a primeira dinámica, debuxar a nosa silueta! Coa axuda do resto de compañeiros/as, cada un debuxou a súa. Como podedes ver nas fotos, resultou ser unha tarefa menos sinxela do que parecía, jaja. Tras este rato compartido, chegaba o momento de facer unha reflexión máis persoal. Que penso? Que habilidades teño? Que dificultades atopo? Estas foron algunhas das preguntas que nos axudaron a completar a nosa silueta. Primeiro día finalizado!
O xoves afondamos na parte máis persoal de cada un, analizamos como somos e como nos ven os demais. Pero isto non foi o único, tamén analizamos as nosas habilidades culinarias, non tiñamos moi claro cal sería o resultado pero… a comida quedounos riquísima! Tras un tempo de descanso, chegou a hora de activar o corpo, unha pequena ruta pola zona que nos levou ata a Igrexa de Santa Marta. Á volta da andaina chegaba o momento de xogos e conversas que fixeron máis amena a espera pola cea. De novo, demostramos que entre os fogóns nada se nos resiste!
O último día, tras dedicar un rato a pensar sobre onde estou e a onde me gustaría chegar, puxemos fin a uns días que quedarán no noso recordo, días cheos de momentos compartidos.

Previous articleComezando o proxecto “Contos audiovisuais infantís”
Next articleConvivencia de 2º ESO en Gandarío