A nosa escola quere ser unha “escola pastoral”. Isto significa que toda a nosa acción educativa quere ser pastoral porque educa en valores cristiáns apostando por un modo de educar que cre nas persoas, no seu desenvolvemento integral, segundo o estilo de Xesús de Nazaret e a proposta educativa de Don Bosco.
Temos clara a opción por unha escola global, onde educación e evanxelización van da man. Estamos convencidos de que promovendo unha educación de calidade estamos sendo fieis á tarefa de evanxelizar á sociedade e que o modo mellor de presentar os valores do Evanxeo é a educación.
A nosa acción evanxelizadora e pastoral tradúcese na creación dun ambiente rico en valores e propostas para crecer como persoas. Isto concrétase en accións diversas ao longo do curso, encamiñadas a facer máis explícita nosa proposta: campañas, celebracións cristiás, xornadas significativas, convivencias, itinerarios celebrativos, oferta de grupos do itinerario de educación na fe, etc.
O colexio conta cun Coordinador de Pastoral e un equipo formado por varios profesores e profesoras de todas as etapas. Son os responsables máis directos da animación, coordinación e execución de todo o referente á acción evanxelizadora e pastoral do Centro. Todas as actividades e propostas, así como as persoas responsables, están recollidas no Plan de Pastoral que realizamos cada curso.
- O coordinador de Pastoral: Luis M. Pernas.
- Pilar Sanjurjo.
- Clara Vecino
- María Suárez
- María Pardo
- Xabi Carrajo
- Vicente de Blas