“APAIXONADOS POLA VIDA”
Estreamos curso e facémolo con PAIXÓN. Pensabamos que o curso pasado ía ser normal, e atopámonos con que aínda este non é de todo normal. Imos camiñando a paso lento cara esa normalidade que tanto nos aburría, e que nestes momentos tanto desexamos.
Sempre é bo comezar con renovadas ilusións e con novas ganas. Estreamos actividades, aínda que sexan as de sempre, e o que mais desexamos é poder levalas a cabo igual que o facíamos antes.
Este comezo é un bo momento para ver qué nos gusta e atopar novas motivacións, pero tamén para vivir a vida cotiá, que é donde se vive a VIDA e donde nos atopamos coa VIDA. Queremos que este curso, esta programación, sexa máis que un cúmulo de actividades, queremos que estea cheo de VIDA, disfrutando delas desde o primeiro momento e intentando que o día a día non nos agobie. Desde os máis pequenos de tres anos, ata os maiores de bacharelato, profesores, familias e persoal de administración e servizos imos poñer todo o mellor de nós para que este curso revivan as ilusións, as paixóns e as emocións de vivir.
Un curso, 2021-2022, cheo de incertezas, pero capaz de alimentar a esperanza, feita realidade cada día. Precisamos volver poñer en valor as nosas VIDAS, coidando cada oportunidade, cun replantexamento persoal e social en todo o que somos e o que facemos. A sorpresa, o encanto e a ilusión nas pequenas cousas farán que non nos deixemos levar pola inercia e as rutinas adquiridas.
Trátase de valorar e agradecer a VIDA, a nosa e a dos que nos rodean. Fomentando relación, facendo comunidade e familia, coidando tódalas dimensións da persoa. Vida compartida con familia, amigos, compañeiros… Apaixonémonos!
Pilar Sanjurjo.
Directora