• Lema del curso

«A situación actual servirá para recordar que a humanidade é unha soa comunidade… Xa non existirá ‘o outro’ senón que falaremos de ‘nós’. Porque só podemos sair desta situación todos xuntos… Estas serán as palabras clave para empezar de novo: raíces, memoria, irmandade e esperanza«. (Papa Francisco). En ningún sitio «coma na casa«, para intuir novos camiños. Alí, en familia, á luz e ao calor do fogar, rotos os nosos hábitos, confinados, aprendemos que «algo novo está a agromar» (Is 43, 19)

A novidade do que ahora vivimos e cómo situalo nas nosas vidas estanos esixindo un replantexamento persoal e social. Non é tempo de evasión ou de mirar para outro lado, ignorando o que pasou e o que está pasando. Se as máscaras ocultan o noso sorriso, chegou o momento de «aprender a sorrir cos ollos«. Unha mirada atenta ensinaranos a pasar a vida polo corazón, de xeito que o percibido vaia transformando o noso interior e o que nos rodea».

Esta encrucillada da vida sinala diversas direccións de obrigado percorrido. En primero lugar, «as persoas». Vimos colas de persoas «impensables» ás portas da Cociña Económica buscando comida de subsistencia. Percibimos que a vulnerabilidade, unha vez máis, fíxose sentir especialmente entre os máis vulnerables. E, de súpeto, acordámonos dos «avós», en residencias e sen sitio nin espazo para eles nas nosas axetreadas vidas. Estas persoas son unha mostra de que «algo nuevo está a agromar«.

A chamada para «vivir en actitude de saída» petou ás nosas portas. E descubrimos a solidariedade que aplaude desde os balcóns, constatamos o pouco que valemos sen os outros, que é unha obriga «pasar do eu ao nós»… toda crise aumenta o risco de exclusión social e pobreza, especialmente, de nenos, anciáns, migrantes,… A solidariedade grita con voz forte e profunda que «algo novo está a agromar«.

Non se poderá seguir adiante sen «educar a mirada e o corazón». Este cambio xa se está dando na convivencia, no traballo virtual e telemático, nas relacións… A inversión en talento será a gran asignatura de este curso. Da miseria de cada circunstancia só se sae a través da cultura, do esforzo e dunha man tendida. Os ollos e o corazón fixéronnos ver e sentir que «algo novo está a agromar«.

Un curso, 2020-2021, cheo de incertezas, pero capaz de alimentar a esperanza, feita realidade cada día. A sorpresa é o encanto da semente que agroma donde menos se espera. Só uns ollos novos serán capaces de apreciar esta novidade que da esperanza ao mundo e nos invita a seguir soñando. ¡Non desaproveitaremos a oportunidade!.

Pilar Sanjurjo. Directora.