
Durante as últimas semanas, o alumnado de 1º ESO participou no obradoiro «As redes e as súas redes», desenvolvido nas sesións de titoría en colaboración coa asociación ADAFAD.
Ao longo de varias sesións, os estudantes reflexionaron sobre as vantaxes e os riscos das redes sociais, aprenderon a identificar distintas variedades de ciberacoso e coñeceron diferentes estratexias para previlo e actuar ante posibles situacións deste tipo.
Unha iniciativa para fomentar un uso responsable, crítico e seguro de las novas tecnoloxías, promovendo relacións dixitais baseadas no respecto e o bo trato.



