
O alumnado de Economía fórmase en finanzas e planificación coa actividade ‘Playpension’ da Fundación MAPFRE
O alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e 1º de Bacharelato do centro participou hoxe nun taller práctico de educación financeira organizado no marco da materia de Economía, impartido por especialistas da Fundación MAPFRE.
A través da actividade Playpension, un xogo de simulación interactiva, os estudantes asumiron o rol de xestores para tomar decisións económicas clave. Durante a sesión, puxeron a proba as súas habilidades para administrar orzamentos, planificar o aforro a longo prazo e avaliar riscos.
O taller busca concienciar aos mozos sobre a importancia da prevención e a responsabilidade financeira desde unha idade temperá, mostrándolles como as ferramentas económicas inflúen na vida cotiá e na toma de decisións futuras.
Desde o centro agradecemos á Fundación MAPFRE a súa visita!



