1º e 2º da ESO: xuntos facemos fogar, dentro e fóra do cole.

6

O noso alumnado de 1º e 2º de ESO viviu unha fantástica xornada de convivencia no Albergue Xuvenil de Gandarío, desfrutando de momentos de diversión, xogos libres, dinámicas grupais e espazos para compartir experiencias e reflexións.

Unha oportunidade estupenda para coñecerse mellor, fortalecer os lazos entre compañeiros e compañeiras e seguir construíndo, entre todos e todas, un grupo unido no que cada persoa atope o seu lugar. Porque, como nos lembra o lema deste curso, “Esta é a túa casa!”, queremos que o noso centro sexa un espazo de acollida, respecto e convivencia para toda a comunidade educativa.

Parabéns, mozos e mozas, pola vosa implicación e o gran traballo en equipo! Seguide crecendo xuntos, sumando experiencias e afrontando con ilusión cada nova etapa desta aventura que é o curso escolar.

Deixámosvos algunhas imaxes desta xornada tan especial, chea de enerxía, compañeirismo e bos momentos!

Previous articlePrepárate para unha noite terroríficamente divertida!