Feira de Proxectos curso 25-26!

149

Tras o gran éxito da edición anterior, comprácenos convidarvos de novo á nosa Feira de Proxectos, unha oportunidade magnífica para compartir con todos vós o gran traballo realizado polo noso alumnado ao longo deste curso 2025-26.

A cita terá lugar o vindeiro xoves, 11 de xuño, de 16:30 a 18:30 horas, nas instalacións do colexio.

Como sabedes, a Feira de Proxectos é un evento aberto a todo o público no que os estudantes de todas as etapas —desde infantil ata bacharelato— expoñen e explican as actividades nas que levan traballando estes meses. ¡Estamos seguros de que a súa creatividade e dedicación volverán sorprendervos e, sen dúbida, superarán o listón do ano pasado!.

Aproveitade esta ocasión inmellorable para ver de preto como os vosos fillos e fillas aprenden e desenvolven as súas habilidades a través de experiencias prácticas, colaborativas e creativas. Para eles, ademais, será un orgullo compartir convosco a satisfacción dos logros acadados.

Animámosvos a asistir e a facer extensivo este convite a familiares, amigos e a calquera persoa interesada en coñecer o proxecto educativo do centro. Todos e todas sodes benvidos a gozar deste día tan especial para nós.

Agardámosvos con moita ilusión!

Previous articleCelebración María Auxiliadora
Next articleTarde de baloncesto con Alex Hernández e Miguel Vidal