
O venres 22, coa proximidade da data da celebración do día de María Auxiliadora, tivemos no cole unha xornada festiva con todo o alumnado e as familias que quixeron participar nas actividades programadas.
Comezamos cunha celebración relixiosa moi especial no patio, onde nos xuntamos todos os cursos, desde os máis pequenos de Infantil ata os maiores de Bacharelato, con presenza tamén dunha boa representación de familias. Foi un momento emotivo e compartido, que nos recordou por que María Auxiliadora é tan importante para nós. Despois dun pequeno tentempié doce, chegou a diversión para os maiores do colexio: unha gran gincana con xogos en equipo, animación e bo ambiente por todos lados. A mañá rematou co campionato “Interclases”, cheo de emoción e deportividade. De forma simultánea, no teatro, os nenos e nenas de Infantil e Primaria demostraron as súas dotes escénicas no teatro do colexio cunha marabillosa velada musical.
Pola tarde repetiuse a velada de primaria ás familias e os nenos e nenas de Infantil estiveron disfrutando dunha xincana de xogos.
Ao rematar, a festa continuou no patio con música, comida e ambiente festivo.



